13 abr 2012

O Club de Lectura da Pontepedriña comeza a camiñar

Na reunión preparatoria de onte, 12 de abril, nove amantes da lectura constituímos o Club de Lectura da Pontepedriña, amparada pola Asociación Veciñal.

Decidiuse manter as reunións o último mércores de cada mes, ás 21,30 no Local Sociocultural. A primeira reunión será o día 25 de abril, e para comezar imos falar do libro de Manuel Rivas, Que me queres amor. Levaremos a cabo dúas reunións máis, maio e xuño, descansando nos meses de verán. As futuras lecturas serán consesuadas polos membros do club nas próximas reunións.

O Club está aberto a máis participantes, só hai que mandar un correo a avv.pontep@gmail.com, co seu teléfono e incorporarse ás reunións.

2 comentarios:

  1. Eu teño o libro, o digo por si alguén non o ten eu llo podo prestar e non fai falta que o compre. Preguntade por Cristina no CSCP

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Cristina, pero creo que ninguén terá que mercalo. Por que non te apontas ao Club?

      Eliminar