22 nov 2012

Campaña de recollida de alimentos e xoguetes

A Asociación Veciñal Pontepedriña organiza unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes de cara ao Nadal, en colaboración coa Cruz Vermella e o Concello de Santiago.
Precísanse sobre todo leite, legumes, arroz, conservas e pastas, pero calquera alimento NON PERECEDOIRO será ben recibido. Os xoguetes han de estar en bo estado (non deteriorados polo uso).
Preténdese ademais darlle continuidade á recollida de alimentos tras o Nadal, debido á dificultade económica e ao drama social que moitas familias están a atravesar.
Grazas pola súa colaboración e axuda.

15 nov 2012

Baloncesto no pavillón de Pontepedriña

A Asociación Veciñal da Pontepedriña ten reservado o pavillón do barrio para xogar ao baloncesto. Os luns, de 19:00 a 20:30 horas, se tes 16 ou máis anos, podes pasarte polo pavillón para xogar.
O número de prazas é limitado, tendo preferencia os asociados.

2 nov 2012

Inglés curso 2012- 2013

Finalmente comeza a segunda edición dos encontros para falar en inglés que se celebran no CSC de Pontepedriña, en Amor Ruibal.
Este ano ao igual que o ano pasado a cita será en xoves, pero cun horario un pouco máis tempranero. Comezará ás 21:30h e prevése acabar ás 22:30h.

O custo da actividade é de 6€ de matrícula para socios e socias e de 12€ para os non socios.

Animádevos, and try to improve your English in Pontepedriña! Cause we're part of the world!!!