30 mar. 2012

Club de Lectura

Ante a petición dalgúns socios e o interesante que nos pareceu a actividade, dispoñémonos a crear un Club de Lectura da Pontepedriña. Tal e como se di no cartel de abaixo, convocamos unha reunión preparatoria para o día 12 de abril, xoves, ás 21,30 horas, no Local Sociocultural do barrio. En dita reunión, as persoas que desexen ser membros deste club consensurán os aspectos básicos da organización do club: periodidicidade das reunións, horario das mesmas, lecturas, número máximo de membros, posibles grupos, actividades a realizar, etc. En principio, o club está aberto a todas as persoas que teñan interese, pero no caso de superarse o número de persoas axeitadas para este tipo de foro terán preferencia os socios e os veciños do barrio, por esta orde. Animádevos a participar!!!



11 mar. 2012

Curso de Corte e Confección

- Podedes inscribirvos na droguería "Beleza" (Rúa Amor Ruibal; a alta faráse por orde de inscrición).

- Non é necesaria máquina de costura

- Comeza o venres 16 de marzo.
 

8 mar. 2012

Clara Campoamor


Clara Campoamor naceu en Madrid en 1888 e morreu en Suíza en 1972. Foi a principal responsable da consecución do sufraxio universal, do voto feminino, durante a II República, o 1 de outubro de 1931. É considerada unha das máis importantes feministas da historia de España. Nas Cortes republicanas era foi deputada, defendendo o voto das mulleres e, máis tarde, a primeira lei do divorcio.
Nace nunha familia humilde, o seu pai era contable e a súa nai modista. Ao morrer seu pai deixou a escola e axudaba a súa nai repartindo roupa. Aos 21 anos aprobou as oposicións para Correo, comezando a traballar en 1910 en San Sebastián. En 1914 acada a mellor nota nas oposicións para mestra de adultas, pero só lle permiten ensinar taquigrafía e macanografía, ao non ter o Bacharelato. En 1920 matricúsase no Bacharelato e remata en dous anos. E aos 36 anos convértese nunha das poucas licenciadas e comeza a exercer a avogacía e a participar en política, defendendo sempre a igualdade de dereitos da muller.
Durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) recibiu varios premios que sempre rexietou como xesto de protesta republicano. Mantívose sempre fiel as seus principios e a unha vida humilde. Cando Alfonso XIII tivo que fuxir de España e se proclamou a II República (14 de abril de 1931) convocáronse eleccións para Cortes, nas que as mulleres puideron ser elixidas pero non votar. Saíu elixida deputada nas listas do Partido Radical liderado por Lerroux, ao que se afiliou por ser 'republicano, liberal, laico e democrático'.
Nas Cortes pelexou para conseguir acabar coa discriminación por razón de sexo, a igualdade legal das fillas e fillos habidos dentro e fóra do matrimonio, o divorcio e o sufraxio universal. A maioría da esquerda non quería que as mulleres votasen porque pensaban que estaban influídas pola Igrexa e votarían as dereitas. Esa era a postura defendida por outra deputada, Victoria Kent. As dereitas tampouco pensaban no dereito ao sufraxio das mulleres, pero apoiárono porque pensaban verse favorecidas. A brillantez de Clara Campoamor no debate foi clave á hora de conseguir o apoio da maioría dos deputados.
Nas eleccións de 1933 (as primeiras nas que participaron as mulleres) non conseguiu ser elixida deputada. En 1934 abandonou o Partido Radical pola súa política dereitista. Cando comezou a Guerra Civil fuxiu de Madrid e refuxiouse en Francia. Despois viviu en Buenos Aires, e cando tentou regresar a España enterouse de que ía ser xulgada por pertencer a unha loxia masónica. Negouse a declarar e ficou para sempre no exilio. En 1955 instalouse en Suíza, traballando como avogada. Morreu en 1972, e mandou cos seus restos foran incinerados en Donostia, onde estaba cando se proclamou a II República.
¡Las mujeres! ¿Cómo puede decirse que cuando las mujeres den señales de vida por la República se les concederá como premio el derecho a votar? ¿Es que no han luchado las mujeres por la República? ¿Es que al hablar con elogio de las mujeres obreras y de las mujeres universitarias no está cantando su capacidad? Además, al hablar de las mujeres obreras y universitarias, ¿se va a ignorar a todas las que no pertenecen a una clase ni a la otra? ¿No sufren éstas las consecuencias de la legislación? ¿No pagan los impuestos para sostener al Estado en la misma forma que las otras y que los varones? ¿No refluye sobre ellas toda la consecuencia de la legislación que se elabora aquí para los dos sexos, pero solamente dirigida y matizada por uno? ¿Cómo puede decirse que la mujer no ha luchado y que necesita una época, largos años de República, para demostrar su capacidad? Y ¿por qué no los hombres? ¿Por qué el hombre, al advenimiento de la República, ha de tener sus derechos y han de ponerse en un lazareto los de la mujer? (discurso nas Cortes 1931)