13 feb 2012

Entroido

O vindeiro día dezasete de Febreiro celebraremos o Entroido no CSC da Pontepedriña, no que quen queira disfrutar dunha tarde con orellas e callos poderá facelo, disfrazado ou non.

Recóllese a información no cartel de abaixo. Esperamos que a tarde acompañe, e se vai frío, pois unha tapiña de callos.

5 feb 2012

Taller de masaxes para bebés

O domingo 5 de febreiro desenvolveuse o taller de masaxes para bebés no local sociocultural. Foi impresionante ver a todos os bebés relaxadísimos mentres os seus pais lle facían agarimos do máis gustoso. Que envexa!!
Desde a Asociación agradecemos a participación de todos, e especialmente felicitamos a Cristina, a veciña que altruístamente impartiu este taller. Moitas grazas. Estamos a súa disposición para organizar un novo taller. Así dá gusto traballar.