Este xoves 2 de maio, tiven o pracer de asistir á inauguración da exposición de pintura de Juan Cereijo na galería Terra de Sombras (Fernando III, 22). Juan é unha persoa encantadora, afable, sempre con boas palabras, imposible sentirse incómodo ao seu carón. Desde o principio da Asociación Veciñal, tanto el como Xerardo, e súas respectivas mulleres, participaron activamente nas reunións e convocatorias da Asociación, sempre con ánimo construtivo. Para a Directiva, teñen sido un apoio fundamental.
O acto de presentación contou co aliciente da lectura duns preciosos poemas de Xohana Torres por parte de Xerardo Rodríguez, unha homenaxe a Ferrol e a súa amizade.
Se queredes alimentar os voso sentidos de estímulos positivos, gozando dunha expresión plástica suxestiva e de calidade, non deixedes de visitar a exposición.
Aquí podedes ver máis fotos: https://picasaweb.google.com/111100607705727367786/ExposicionDeJuanCereijo#
No hay comentarios:
Publicar un comentario