2 dic 2012

Proxección de 'Mis ahorros, su botín'


O 5 decembro ás 18,30 horas no Centro Sociocultural O Ensanche (R/Frei Rosendo Salvado, 14 -16, baixo) en Santiago de Compostela ADICAE (Asociación de Consumidores y Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros) proxectará o documental "MIS AHORROS, SU BOTÍN” con debate posterior sobre os fraudes ao aforro.
O documental realizado por ADICAE aborda as distintas realidades e perspectivas do aforro tras ano de conflito e no actual contexto de crise. No filme participan personalidades do mundo económico e financeiro, e persoas afectadas, explicando as orixes dos problemas e como afrontalos de cara ao futuro.
“Lo que me habían prometido no me lo daban”. “Nos quitaron nuestros ahorros. Nuestra finalidad era la de ahorrar y punto”. “Me siento defraudado, no pensaba que fueran a hacerme semejante jugada”. Son tres testemuñas que poñen voz a como as malas prácticas bancarias acabaron cos aforros de toda unha vida. É necesario un cambio na relación entre as entidades e os clientes, así como unha maior educación financeira dos cidadáns que evite os erros do pasado. Este é o gran obxectivo do documental.
Confirmar asistencia no teléfono 981 947 397 o no correo santiagodecompostela@adicae.net.
ADICAE GALICIA - DELEGACIóN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA- Rúa Vilagarcía, 2- oficinas (Praza de Vigo) 15706 Santiago de Compostela Tlf./Fax: 981 941 397

No hay comentarios:

Publicar un comentario