19 sept 2012

Regresa o Club de Lectura

Despois de descansar un par de meses durante o verán, o Club de Lectura da Pontepedriña retoma a súa andaina o próximo mércores 26 de setembro, ás 21,30 horas no Local Sociocultural da Rúa Amor Ruibal, 26.

Para este mes tiñamos como lecturas Fahrenheit 451, unha pequena homenaxe ao gran escritor de ciencia ficción (ou non), o recentemente finado Ray Bradbury. E tamén o excelente cómic (ou novela gráfica) El arte de volar, con guión de Antonio Altarriba e debuxo de Kim, Premio Nacional de Cómic no 2010. Dúas obras que seguro non deixan indiferente a ninguén e que provocarán un diálogo vivo e suxestivo.

O Club está aberto a participación de todas as persoas amantes da lectura desexosas de compartilas. Non tedes máis que mandar un correo ao enderezo da Asociación ou acudir directamente ao Local.

No hay comentarios:

Publicar un comentario