13 ene 2013

Servizos de emprego e ofertas de traballo


A Asociación Veciñal de Pontepedriña, preocupada pola situación laboral que estamos sufrindo, e tendo entre os seus intereses a dinamización e mellora das condicións socioeconómicas do barrio, pon en marcha dous programas gratuítos para facilitar que os veciños e as veciñas que o precisen atopen traballo:

- PONTEMPREGO: Dirixido a calquera persoa do barrio e do entorno que busque traballo ou queira mellorar as súas condicións laborais. A finalidade é a creación dunha bolsa de emprego, á que poidan acudir quen necesiten contratar un traballo.

- SERVIPONT: É unha bolsa para que os profesionais de Pontepedriña e arredores (fontaneiros, albaneis, modistas, coidadores, etc.) poidan ofertar o seu traballo aos habitantes do barrio.

Para facer uso destes servizos as persoas interesadas deben acudir ao Centro Sociocultural de Pontepedriña (Amor Ruibal, 26) os luns de 19 a 20 horas, ou chamar ao teléfono 622925621.

No hay comentarios:

Publicar un comentario