CONCURSO FOTOGRÁFICO
Iº Certame de Fotografía Instantánea/Móbil Pontepedriña
Asociación Veciñal de Pontepedriña e Equipo de
Dinamización Lingüística do IES de Pontepedriña
BASES
O
Instituto de Ensino Secundario e a Asociación Veciñal de Pontepedriña, co fin
de promover unha achega cultural ao coñecemento da contorna do noso barrio así
como animar ao compromiso no seu coidado e desenvolvemento, decidimos promover
o 1º Certame de Fotografía Instantánea Pontepedriña, que se rexerá polas
seguintes bases:
1ª.-
Todas as fotografías presentadas ao Certame deberán ser orixinais e ter como
referencia -na súa máis ampla consideración- o entorno de Pontepedriña: o meu
curruncho preferido do barrio, o que debe cambiar, a vida cotiá en Pontepedriña, etc.
2ª.-
Poderán participar neste Certame -cun máximo de dúas fotografías- tanto o
alumnado do IES como veciños/as de Pontepedriña. Establécense dúas categorías:
1. Alumnado do IES da Pontepedriña. 2. Veciñas e veciños do barrio.
3ª.-
As fotografías presentaranse por correo electrónico ou en man, en formato
dixital, cun tamaño mínimo de 500 kb, en formato jpg, png, tiff... e irán
acompañadas dun pé de imaxe, título e, se se quere, unha breve explicación.
4ª.-
Considerando que unha das premisas deste certame é a mostra de imaxes captadas coa inmediatez do
acontecer diario do noso barrio, estímanse apropiadas as fotografías tomadas
con teléfono móbil, sempre que teñan unha calidade suficiente que permita a súa
correcta impresión para poder ser incluídas nunha exposición dos traballos
presentados no IES e/ou Local Sociocultural.
5ª.-
Valorarase a relación coa temática proposta, a calidade estética, a forza
expresiva, a orixinalidade e calidade da fotografía e o pé de imaxe. As
fotografías poderán ter sido modificadas por medios de tratamento informático
de imaxes pero non se admitirán aquelas que desvirtúen ou modifiquen a
veracidade da fotografía.
6ª.-
O alumnado, no correo, xunto ás fotografías, debe incluír o nome e o curso,
enviándoo ao enderezo: endlpontepedrinha@gmail.com, ou en man, nunha memoria
USB entregándoa na Secretaría do centro. A memoria USB pódese retirar unha
semana despois de rematar o prazo de presentación de fotografías.
- Os
veciños e veciñas enviarán as fotografías, acompañadas do seu teléfono e
enderezo ao correo: avv.pontep@gmail.com
7ª.-
Prazos: O prazo para entregar as fotografías remata o día15 de maio do 2012
8ª.-
Premios: Haberá tres premios para cada categoría
1º premio: Cámara de fotos Pentax
optio RS 1500, 14 mb e zoom óptimo de 4
2º e 3º premio: Banda deseñada en
galego
Un
xurado composto por alumnado e profesorado do EDL do IES Pontepedriña e dous
representantes da directiva da Asociación Veciñal Pontepedriña concederá os
premios que se indican e que serán entregados nun acto que se anunciará oportunamente:
9ª.- As fotografías poderán ser
expostas no IES e no Centro Sociocultural, e tamén poderán inserirse nas
páxinas web e/ou blogs do IES e da Asociación, así como incluírse na revista
escolar e posteriores publicacións do IES e da Asociación Veciñal de
Pontepedriña.
10ª.- Os premios poden ser
declarados desertos.
11ª.- A participación neste certame
supón a aceptación destas bases.