- Un total de 15 persoas, 8 mulleres e sete homes.
- As mulleres teñen unha idade media de 40 anos, e teñen experiencia como empregadas de fogar e como axudantes de cociña, na hostalaría.
- Os homes tamén teñen unha idade media de 40 anos e contan con experiencia na construción (peóns e oficiais de primeira) e no sector da hostalaría. Un dos homes, de 39 anos, ten unha ampla experiencia en informática e administración, e un nivel medio-alto de inglés. Todos eles teñen carné de conducir e un, tamén, ten carné de autobús.
Mostrando entradas con la etiqueta emprego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emprego. Mostrar todas las entradas
14 mar 2013
Ofertas de traballo en Pontemprego
A bolsa de emprego, Pontemprego, posta en marcha pola Asociación Veciñal conta xa cun número importante de persoas que demandan traballo:
13 ene 2013
Servizos de emprego e ofertas de traballo
A Asociación Veciñal de Pontepedriña, preocupada pola situación laboral que estamos sufrindo, e tendo entre os seus intereses a dinamización e mellora das condicións socioeconómicas do barrio, pon en marcha dous programas gratuítos para facilitar que os veciños e as veciñas que o precisen atopen traballo:
- PONTEMPREGO: Dirixido a calquera persoa do barrio e do entorno que busque traballo ou queira mellorar as súas condicións laborais. A finalidade é a creación dunha bolsa de emprego, á que poidan acudir quen necesiten contratar un traballo.
- SERVIPONT: É unha bolsa para que os profesionais de Pontepedriña e arredores (fontaneiros, albaneis, modistas, coidadores, etc.) poidan ofertar o seu traballo aos habitantes do barrio.
Para facer uso destes servizos as persoas interesadas deben acudir ao Centro Sociocultural de Pontepedriña (Amor Ruibal, 26) os luns de 19 a 20 horas, ou chamar ao teléfono 622925621.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
