Este obradoiro é un espazo para enfrontar os cambios da
vida: quedar no paro, ter unha crianza, vivir unha enfermidade inesperada,
facerme maior, empezar a vivir en parella, perder un ser querido, marchar as/os
fillas/os da casa, romper coa parella... Son cambios que teñen moito de crise e
ás veces de desamor... Temos sensación de perda... de que algo morre...
O obradoiro dá ferramentas para elaborar os loitos pendentes
e facer despedidas. E desde aí facer camiño de transformación, abrindo novas
etapas para reconectarnos coa VIDA...
Días: sábados 13 e 17 de abril, 11 e 25 de maio, 8 e 29 de xuño.
Horario: de 10h a 19h
Lugar: Centro Sociocultural da Pontepedriña.
MATRÍCULA PARA SOCIAS (menor ca xeral):
1. Matrícula normal: 140 €
1. Matrícula normal: 140 €
2. Matrícula reducida para persoas con dificultades
económicas: 60 €
3. Matrícula solidaria (de apoio ás compañeiras con
dificultades): 160 €
* A matrícula para soci@s é menor
Para apuntarse -ou para calquera outra cuestión- a xente
pode chamarme ao teléfono 639 20 36 69.
As prazas son limitadas
O prazo para apuntarse remata o mércores 27 de marzo.