O próximo xoves 7 de febreiro,
ás 21 horas, a Asociación Veciñal organiza a charla, impartida por Eugenia
Mariño, “O aforro familiar en perigo pola crise. O que se esconde detrás dos
produtos financeiros”. Eugenia Mariño é membro de ADICAE: Asociación de
Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros.
<<Os
reiterados escándalos financeiros que vimos sufrindo os consumidores dende
principios dos noventa, e en particular nos últimos dez anos, constitúen un
síntoma de mal funcionamento do mercado financeiro. A falla de regulamento e
control eficaz, e as especulacións das
entidades financeiras fan que os consumidores teñen que estar máis alerta do
que lles están ofrecendo as entidades, para non poñer en perigo os seus aforros,
e por tanto, está xurdindo un novo tipo de consumidor, que analiza
obxectivamente as súas decisións económicas e non se deixa arrastrar por
impulsos de consumismo irracional. Polo tanto, hai que protexerse dos abusos
bancarios, e manter eses pequenos aforros que tanto nos custou reunir ao longo
da nosa vida.
A
partir dunhas pautas xerais, analizaremos a través de diferentes exemplos de
publicidade financeira, en que nos temos que fixar cando contratemos un
depósito bancario.
Por iso, ADICAE GALICIA,
propón este obradoiro informativo (teórico-práctico), que terá unha duración de
1,30 horas aproximadamente, no que despois dunha exposición teórica se atenderán
as preguntas dos asistentes>>.
No hay comentarios:
Publicar un comentario