28 feb 2014
16 ene 2014
II Edición do obradoiro de Scratch
O vindeiro 1 de
febreiro no CSC do barrio teremos a segunda edición do taller de Scratch
(programación de xogos para nen@s, e non tan nen@s), organizado conxuntamente con agilegalicia, e coa colaboración do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña.
O taller vai dirixido a nenos con idades de entre 6 e 12 anos, e poden traer ou non o seu portátil.
A inscrición faise premendo nesta ligazón.
O taller vai dirixido a nenos con idades de entre 6 e 12 anos, e poden traer ou non o seu portátil.
A inscrición faise premendo nesta ligazón.
31 dic 2013
12 dic 2013
Campaña de recollida de alimentos Nadal 2013
A Asociación Veciñal
de Pontepedriña vén de organizar de novo a campaña de recollida de alimentos.
Este ano, en principio, precísanse alimentos
non perecedeiros (ao igual que na anterior ocasión) e, a maiores, artigos para o almorzo e merenda dos máis
pequenos e pequenas da casa (cacaos, leite, cereais e artigos en xeral non
perecedeiros).
As
aportacións pódense deixar no CSC do barrio, no horario de apertura do mesmo,
que é Luns e Venres de 16:00 a 21:30, Mércores e Xoves, de 17:00 a 20:00
e Sábados a mañán, de 10:00 a 14:00.
Agradecemos de
antemán a colaboración que nesta campaña poidamos entre todos brindar, así como
a difusión desta comunicación entre as veciñas e veciños.
17 nov 2013
Scratch, taller de programación
O vindeiro
sábado 23 de Novembro, no CSC do barrio levaráse a cabo un taller de
programación con Scratch.
Está destinado a nenos de entre 6 e 12 anos, e poden ver máis información do mesmo, así coma inscribirse nesta ligazón.
É de balde, novidoso e de carácter totalmente aberto. Hai dez prazas que serán escrupulosamente asignadas por orde inscrición.
É de balde, novidoso e de carácter totalmente aberto. Hai dez prazas que serán escrupulosamente asignadas por orde inscrición.
12 nov 2013
TAO YIN SOLO PÉLVICO Clase aberta!
Vén a probar o Venres 22 de Novembro ás 18.30h en:
CENTRO SOCIOCULTURAL DE PONTEPEDRIÑA,
Amor Ruibal 26
O TAO YIN ensínanos a movernos, a
respirar, a vivir sen tensión.
CHAN PÉLVICO. Tonificar a musculatura
perineal achéganos beneficios na prevención da incontinencia, favorecendo a
recuperación despois do parto, postparto, disfuncións de próstata e é unha peza
crave nas relacións sexuais tanto no home como na muller.
RELAXACIÓN- MEDITACIÓN
O Tao Yin, en si mesmo, é unha forma
de meditación en movemento.
Sen relaxación, o corpo está tenso e
ríxido, e a mente fragmentada e confusa.
Sesións e exercicios de relaxación,
visualización guiados polo monitor.
ALGÚNS BENEFICIOS DO TAO YIN
Equilibra todo o corpo por dentro
(órganos, vísceras, sistema nervioso, circulatorio) e por fóra (músculos,
tendóns).
Mellora diferentes patoloxías:
escoliosis, lordosis, cifosis, acortamiento dunha ou ambas as pernas, problemas
xenitourinarios, renais, de corazón, etc.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




