24 oct 2012
Renovación da tarxeta de residentes
Concellaría de Tráfico
Renovación de tarxetas de residentes de zona verde: Ultreia
O Departamento de Tráfico informa que a partir do 22 de outubro os veciños da zona 5: Ultreia que dispoñan da tarxeta de aparcamento de residente de zona verde, deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substituirá á anterior. Continuarase coa entrega das tarxetas aos veciños da zona 1: Pontepedriña, da zona 2: Vite-Guadalupe, da zona 3: San Pedro e da zona 4: Almáciga.
Poderán recoller a nova tarxeta todas aquelas persoas que segan cumprindo os requisitos esixidos na Ordenanza, é dicir, que estean empadroados persoa e coche no domicilio para o cal obtiveron a súa 1ª tarjeta (aínda que non é necesario achegar novamente a documentación, teñense revisado todas as tarxetas e anulado aquelas que non cumprían actualmente algún dos 2 requisitos mencionados anteriormente.
A recollida é no Dpto. de Tráfico en Costa do Cristo s/n - 1º andar), de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
A entrega farase á persona interesada ou autorizada e para iso será necesario a entrega da anterior tarxeta xunto coa a presentación do D.N.I. ou fotocopia do titular da tarxeta.
19 sept 2012
Regresa o Club de Lectura
Despois de descansar un par de meses durante o verán, o Club de Lectura da Pontepedriña retoma a súa andaina o próximo mércores 26 de setembro, ás 21,30 horas no Local Sociocultural da Rúa Amor Ruibal, 26.
Para este mes tiñamos como lecturas Fahrenheit 451, unha pequena homenaxe ao gran escritor de ciencia ficción (ou non), o recentemente finado Ray Bradbury. E tamén o excelente cómic (ou novela gráfica) El arte de volar, con guión de Antonio Altarriba e debuxo de Kim, Premio Nacional de Cómic no 2010. Dúas obras que seguro non deixan indiferente a ninguén e que provocarán un diálogo vivo e suxestivo.
16 sept 2012
«As asociacións non son nin do goberno nin dá oposición»
O directivo cre que sobreviven as que non teñen
ambición política
Marga Mosteiro 16 de
setembro de 2012 (La Voz de Galicia)
Xaquín Mato Castro, presidente da Asociación deVeciños Raigame, do Ensanche de Santiago, ocupa o cargo dende a fundación hai
agora 25 anos.
-¿Como recorda os anos da xestación da Asociación de
Veciños Raigame do Ensanche?
-Foron tempos difíciles para o Ensanche. Hai uns
trinta anos, antes de crear a asociación, empezamos Vivencio, que é un
histórico do movemento veciñal e volveu agora a asociación de Castiñeiriño, e
eu. Por aqueles anos non había alumeado na rúa Nova de Abaixo e, despois de
moito falar, a única maneira de conseguir a luz foi pagando mil pesetas cada
comerciante.
-As asociacións historicamente vincúlanse a
reivindicacións sociais, ¿segue a ser así?
-Certamente, as xentes nos unimos para reclamar
cando a necesidade apreta. Agora, coa situación de crise, parece que volve a
necesidade de non baixar a garda. Eu teño a sensación de que o cambio de
goberno fai que esteamos máis pendentes. Algunha vez pensei que era mellor
votar a persiana e marchar, pero o certo é que temos que seguir. Non quero
pensar mal deste goberno, pero aínda non nos recibiu o alcalde. Nin Conde Roa
ni Currás.
-Leva 25 anos á fronte da asociación, ¿non está canso?
-Moito, pero non me deixa marchar Agustín Pena, que
é o verdadeiro presidente de Raigame. É a alma da asociación, eu son o
presidente no papel, pero sen Agustín isto estaría morto.
-¿Cal foi o detonante para constituír a asociación?
-Un problema moi grave de drogas na rúa Nova de
Abaixo. Fixemos unha manifestación, entón era alcalde Xerardo Estévez e fixemos
unha loita contra as drogas. Cando nos recibiron no Concello dixeron que as
competencias non eran deles. Eu tiña claro que eles tiñan que escoitarnos e ser
a nosa voz ante os responsables. E o foron, vaia se o foron.
-¿Quéixase vostede de que non os reciben agora en
Raxoi?
-É así. Non o digo por min nin por Agustín, que
traballa polo barrio, senón pola xente do Ensanche. Non temos grandes problemas,
pero hai cousas: ruídos, tráfico, delincuencia... aínda que non é a situación
que provocou o nacemento da asociación. Non quero ser inxusto, falamos cos edís
de Seguridade, Urbanismo e Barrios, pero o alcalde nada. A boa época para as
asociacións foi a de Manolo Portas. Escoitaba e facía caso.
-¿Ten a sensación de facer o labor da oposición?
-É así, somos a voz dos veciños. Contactas co
goberno, antes cos do PSOE e BNG; e agora co PP. A intención é que vexan o que
pasa na rúa, que non perdan a visión. Quédame pena de que agora os da
oposición, antes goberno, nin ten miran. A única que saúda é Mercedes Rosón.
Hai resentimento. As directivas non teñen que estar co goberno nin coa
oposición, senón cos veciños. As ideas son para ti, na asociación hai que
aparcalas. As asociacións sobreviven cando os seus membros non teñen ambicións
políticas.
22 jun 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

