24 dic 2012
18 dic 2012
Curso de Inglés
Debido a problemas alleos á Asociación, e á organización da actividade, suspéndese temporalmente a mesma por incompatibilidade dos horarios coa persoa que se comprometera para o desenvolvemento da mesma.
Os asistentes serán emplazados de novo, caso de seguir interesados, á celebración da mesma, cando estea concretado o día e hora dos que poida dispoñer a nova persoa que nos axude no barrio coa conversa.
Perdón polas molestias
13 dic 2012
2 dic 2012
Proxección de 'Mis ahorros, su botín'
O 5 decembro ás 18,30 horas
no Centro Sociocultural O Ensanche
(R/Frei Rosendo Salvado, 14 -16, baixo) en Santiago de Compostela ADICAE (Asociación
de Consumidores y Usuarios de Bancos, Cajas y Seguros) proxectará o documental "MIS AHORROS, SU BOTÍN” con debate
posterior sobre os fraudes ao aforro.
O
documental realizado por ADICAE aborda as distintas realidades e perspectivas
do aforro tras ano de conflito e no actual contexto de crise. No filme
participan personalidades do mundo económico e financeiro, e persoas afectadas,
explicando as orixes dos problemas e como afrontalos de cara ao futuro.
“Lo que me habían prometido
no me lo daban”. “Nos quitaron nuestros ahorros. Nuestra finalidad era la de
ahorrar y punto”. “Me siento defraudado, no pensaba que fueran a hacerme
semejante jugada”. Son tres testemuñas que poñen voz a como as malas prácticas
bancarias acabaron cos aforros de toda unha vida. É necesario un cambio na
relación entre as entidades e os clientes, así como unha maior educación financeira
dos cidadáns que evite os erros do pasado. Este é o gran obxectivo do
documental.
Confirmar asistencia no teléfono
981 947 397 o no correo santiagodecompostela@adicae.net.
ADICAE GALICIA - DELEGACIóN
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA- Rúa Vilagarcía, 2- oficinas (Praza de Vigo) 15706
Santiago de Compostela Tlf./Fax: 981 941 397
22 nov 2012
Campaña de recollida de alimentos e xoguetes
A Asociación Veciñal Pontepedriña organiza unha campaña de recollida de alimentos e xoguetes de cara ao Nadal, en colaboración coa Cruz Vermella e o Concello de Santiago.
Precísanse sobre todo leite, legumes, arroz, conservas e pastas, pero calquera alimento NON PERECEDOIRO será ben recibido. Os xoguetes han de estar en bo estado (non deteriorados polo uso).
Preténdese ademais darlle continuidade á recollida de alimentos tras o Nadal, debido á dificultade económica e ao drama social que moitas familias están a atravesar.
Grazas pola súa colaboración e axuda.
Preténdese ademais darlle continuidade á recollida de alimentos tras o Nadal, debido á dificultade económica e ao drama social que moitas familias están a atravesar.
Grazas pola súa colaboración e axuda.
15 nov 2012
Baloncesto no pavillón de Pontepedriña
A Asociación Veciñal da Pontepedriña ten reservado o pavillón do barrio para xogar ao baloncesto. Os luns, de 19:00 a 20:30 horas, se tes 16 ou máis anos, podes pasarte polo pavillón para xogar.
O número de prazas é limitado, tendo preferencia os asociados.
2 nov 2012
Inglés curso 2012- 2013
Finalmente comeza a segunda edición dos encontros para falar en inglés que se celebran no CSC de Pontepedriña, en Amor Ruibal.
Este ano ao igual que o ano pasado a cita será en xoves, pero cun horario un pouco máis tempranero. Comezará ás 21:30h e prevése acabar ás 22:30h.
O custo da actividade é de 6€ de matrícula para socios e socias e de 12€ para os non socios.
Animádevos, and try to improve your English in Pontepedriña! Cause we're part of the world!!!
Este ano ao igual que o ano pasado a cita será en xoves, pero cun horario un pouco máis tempranero. Comezará ás 21:30h e prevése acabar ás 22:30h.
O custo da actividade é de 6€ de matrícula para socios e socias e de 12€ para os non socios.
Animádevos, and try to improve your English in Pontepedriña! Cause we're part of the world!!!
24 oct 2012
Renovación da tarxeta de residentes
Concellaría de Tráfico
Renovación de tarxetas de residentes de zona verde: Ultreia
O Departamento de Tráfico informa que a partir do 22 de outubro os veciños da zona 5: Ultreia que dispoñan da tarxeta de aparcamento de residente de zona verde, deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substituirá á anterior. Continuarase coa entrega das tarxetas aos veciños da zona 1: Pontepedriña, da zona 2: Vite-Guadalupe, da zona 3: San Pedro e da zona 4: Almáciga.
Poderán recoller a nova tarxeta todas aquelas persoas que segan cumprindo os requisitos esixidos na Ordenanza, é dicir, que estean empadroados persoa e coche no domicilio para o cal obtiveron a súa 1ª tarjeta (aínda que non é necesario achegar novamente a documentación, teñense revisado todas as tarxetas e anulado aquelas que non cumprían actualmente algún dos 2 requisitos mencionados anteriormente.
A recollida é no Dpto. de Tráfico en Costa do Cristo s/n - 1º andar), de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.
A entrega farase á persona interesada ou autorizada e para iso será necesario a entrega da anterior tarxeta xunto coa a presentación do D.N.I. ou fotocopia do titular da tarxeta.
19 sept 2012
Regresa o Club de Lectura
Despois de descansar un par de meses durante o verán, o Club de Lectura da Pontepedriña retoma a súa andaina o próximo mércores 26 de setembro, ás 21,30 horas no Local Sociocultural da Rúa Amor Ruibal, 26.
Para este mes tiñamos como lecturas Fahrenheit 451, unha pequena homenaxe ao gran escritor de ciencia ficción (ou non), o recentemente finado Ray Bradbury. E tamén o excelente cómic (ou novela gráfica) El arte de volar, con guión de Antonio Altarriba e debuxo de Kim, Premio Nacional de Cómic no 2010. Dúas obras que seguro non deixan indiferente a ninguén e que provocarán un diálogo vivo e suxestivo.
16 sept 2012
«As asociacións non son nin do goberno nin dá oposición»
O directivo cre que sobreviven as que non teñen
ambición política
Marga Mosteiro 16 de
setembro de 2012 (La Voz de Galicia)
Xaquín Mato Castro, presidente da Asociación deVeciños Raigame, do Ensanche de Santiago, ocupa o cargo dende a fundación hai
agora 25 anos.
-¿Como recorda os anos da xestación da Asociación de
Veciños Raigame do Ensanche?
-Foron tempos difíciles para o Ensanche. Hai uns
trinta anos, antes de crear a asociación, empezamos Vivencio, que é un
histórico do movemento veciñal e volveu agora a asociación de Castiñeiriño, e
eu. Por aqueles anos non había alumeado na rúa Nova de Abaixo e, despois de
moito falar, a única maneira de conseguir a luz foi pagando mil pesetas cada
comerciante.
-As asociacións historicamente vincúlanse a
reivindicacións sociais, ¿segue a ser así?
-Certamente, as xentes nos unimos para reclamar
cando a necesidade apreta. Agora, coa situación de crise, parece que volve a
necesidade de non baixar a garda. Eu teño a sensación de que o cambio de
goberno fai que esteamos máis pendentes. Algunha vez pensei que era mellor
votar a persiana e marchar, pero o certo é que temos que seguir. Non quero
pensar mal deste goberno, pero aínda non nos recibiu o alcalde. Nin Conde Roa
ni Currás.
-Leva 25 anos á fronte da asociación, ¿non está canso?
-Moito, pero non me deixa marchar Agustín Pena, que
é o verdadeiro presidente de Raigame. É a alma da asociación, eu son o
presidente no papel, pero sen Agustín isto estaría morto.
-¿Cal foi o detonante para constituír a asociación?
-Un problema moi grave de drogas na rúa Nova de
Abaixo. Fixemos unha manifestación, entón era alcalde Xerardo Estévez e fixemos
unha loita contra as drogas. Cando nos recibiron no Concello dixeron que as
competencias non eran deles. Eu tiña claro que eles tiñan que escoitarnos e ser
a nosa voz ante os responsables. E o foron, vaia se o foron.
-¿Quéixase vostede de que non os reciben agora en
Raxoi?
-É así. Non o digo por min nin por Agustín, que
traballa polo barrio, senón pola xente do Ensanche. Non temos grandes problemas,
pero hai cousas: ruídos, tráfico, delincuencia... aínda que non é a situación
que provocou o nacemento da asociación. Non quero ser inxusto, falamos cos edís
de Seguridade, Urbanismo e Barrios, pero o alcalde nada. A boa época para as
asociacións foi a de Manolo Portas. Escoitaba e facía caso.
-¿Ten a sensación de facer o labor da oposición?
-É así, somos a voz dos veciños. Contactas co
goberno, antes cos do PSOE e BNG; e agora co PP. A intención é que vexan o que
pasa na rúa, que non perdan a visión. Quédame pena de que agora os da
oposición, antes goberno, nin ten miran. A única que saúda é Mercedes Rosón.
Hai resentimento. As directivas non teñen que estar co goberno nin coa
oposición, senón cos veciños. As ideas son para ti, na asociación hai que
aparcalas. As asociacións sobreviven cando os seus membros non teñen ambicións
políticas.
22 jun 2012
9 jun 2012
27 may 2012
Raxoi pondrá radares para controlar la velocidad por protestas vecinales
En zonas como Fontiñas y O Paxonal, los residentes se quejan por lo rápido que van los coches // También habrá pasos de peatones asimétricos
SANDRA CUIÑA SANTIAGO
Uno de los controles de exceso de velocidad realizado por la Policía Local en la avenida de Lugo FOTO: C. Tobío |
El Ayuntamiento compostelano está dispuesto a luchar contra el exceso de velocidad en las calles más transitadas de la ciudad.
Las
quejas vecinales de los residentes en zonas como O Paxonal, Fontiñas o
Clara Campoamor han llevado a Raxoi a tomar la decisión de poner en
funcionamiento radares en estos puntos conflictivos, para convencer a
los conductores de que es necesario que levanten el pie del acelerador.
Así
lo confirmó ayer a EL CORREO el concejal de Tráfico, Albino Vázquez
Aldrey, que afirmó que a partir de ahora los controles de velocidad en
esas zonas van a ser habituales. "Está campaña de controles de velocidad
también la vamos a extender a los barrios. Vamos a poner a funcionar el
radar en algunas zonas, porque tenemos quejas vecinales".
1 may 2012
Taller de Relaxación Creativa e Activa
Este sábado cinco de maio, impartirase no CSC do barrio un taller de Relaxación a cargo de Ursia Gago. Os obxectivos do mesmo son:
Para acudir ao taller será necesaria a inscrición na Droguería Beleza ou no correo da asociación: avv.pontep@gmail.com, podendo formalizar o pago neste último caso o propio día da actividade. O custe da mesma é de 2€ para socias e socios e 5 noutro caso. É necesario traer roupa cómoda e unha toalla.
- Descubrir e explora-las nosas capacidades creativas.
- Poñer conciencia no noso corpo a través do xogo, e o pracer do movemento
- Elimina-los bloqueos da mente que nos impiden achegarnos á nosa creatividade innata
- Coñecer diferentes técnicas de relaxación que nos liberen dos citados bloqueos e condicionamentos
- Desinhibición
- Conectar de novo co pracer e a espontaneidade do xogo
Para acudir ao taller será necesaria a inscrición na Droguería Beleza ou no correo da asociación: avv.pontep@gmail.com, podendo formalizar o pago neste último caso o propio día da actividade. O custe da mesma é de 2€ para socias e socios e 5 noutro caso. É necesario traer roupa cómoda e unha toalla.
20 abr 2012
Iº Certame de Fotografía Instantánea/Móbil Pontepedriña
CONCURSO FOTOGRÁFICO
Iº Certame de Fotografía Instantánea/Móbil Pontepedriña
Asociación Veciñal de Pontepedriña e Equipo de
Dinamización Lingüística do IES de Pontepedriña
BASES
O
Instituto de Ensino Secundario e a Asociación Veciñal de Pontepedriña, co fin
de promover unha achega cultural ao coñecemento da contorna do noso barrio así
como animar ao compromiso no seu coidado e desenvolvemento, decidimos promover
o 1º Certame de Fotografía Instantánea Pontepedriña, que se rexerá polas
seguintes bases:
1ª.-
Todas as fotografías presentadas ao Certame deberán ser orixinais e ter como
referencia -na súa máis ampla consideración- o entorno de Pontepedriña: o meu
curruncho preferido do barrio, o que debe cambiar, a vida cotiá en Pontepedriña, etc.
2ª.-
Poderán participar neste Certame -cun máximo de dúas fotografías- tanto o
alumnado do IES como veciños/as de Pontepedriña. Establécense dúas categorías:
1. Alumnado do IES da Pontepedriña. 2. Veciñas e veciños do barrio.
3ª.-
As fotografías presentaranse por correo electrónico ou en man, en formato
dixital, cun tamaño mínimo de 500 kb, en formato jpg, png, tiff... e irán
acompañadas dun pé de imaxe, título e, se se quere, unha breve explicación.
4ª.-
Considerando que unha das premisas deste certame é a mostra de imaxes captadas coa inmediatez do
acontecer diario do noso barrio, estímanse apropiadas as fotografías tomadas
con teléfono móbil, sempre que teñan unha calidade suficiente que permita a súa
correcta impresión para poder ser incluídas nunha exposición dos traballos
presentados no IES e/ou Local Sociocultural.
5ª.-
Valorarase a relación coa temática proposta, a calidade estética, a forza
expresiva, a orixinalidade e calidade da fotografía e o pé de imaxe. As
fotografías poderán ter sido modificadas por medios de tratamento informático
de imaxes pero non se admitirán aquelas que desvirtúen ou modifiquen a
veracidade da fotografía.
6ª.-
O alumnado, no correo, xunto ás fotografías, debe incluír o nome e o curso,
enviándoo ao enderezo: endlpontepedrinha@gmail.com, ou en man, nunha memoria
USB entregándoa na Secretaría do centro. A memoria USB pódese retirar unha
semana despois de rematar o prazo de presentación de fotografías.
- Os
veciños e veciñas enviarán as fotografías, acompañadas do seu teléfono e
enderezo ao correo: avv.pontep@gmail.com
7ª.-
Prazos: O prazo para entregar as fotografías remata o día15 de maio do 2012
8ª.-
Premios: Haberá tres premios para cada categoría
1º premio: Cámara de fotos Pentax
optio RS 1500, 14 mb e zoom óptimo de 4
2º e 3º premio: Banda deseñada en
galego
Un
xurado composto por alumnado e profesorado do EDL do IES Pontepedriña e dous
representantes da directiva da Asociación Veciñal Pontepedriña concederá os
premios que se indican e que serán entregados nun acto que se anunciará oportunamente:
9ª.- As fotografías poderán ser
expostas no IES e no Centro Sociocultural, e tamén poderán inserirse nas
páxinas web e/ou blogs do IES e da Asociación, así como incluírse na revista
escolar e posteriores publicacións do IES e da Asociación Veciñal de
Pontepedriña.
10ª.- Os premios poden ser
declarados desertos.
11ª.- A participación neste certame
supón a aceptación destas bases.
19 abr 2012
CURSO DE AROMATERAPIA
Nas datas que abaixo se
sinala celebraráse no CSC da Pontepedriña un curso de Aromaterapia
impartido pola Asociación Bioturmalina. Grazas á colaboración entre as
dúas asociacións, os socios e socias da AV Pontepedriña gozarán dun
desconto do 20% sobre o prezo final do curso. A data límite de
inscrición é o 23 de Abril.
Máis información no tríptico que se acompaña e na páxina web de Bioturmalina.
CURSO
TEÓRICO VIVENCIAL: AROMATERAPIA/SALUD
NATURAL
Curso de gran interés teórico y
vivencial que ofrece herramientas a los profesionales de la salud,
profesionales de la estética y belleza natural, personas que trabajan
con
bioenergética, autoconocimiento y todas las personas que deseen realizar
un
proceso personal para mejorar su salud y en particular si te gusta el
mundo de
la Aromaterapia y quieres profundizar en ella, de la mano de una
profesional
con muchos años de experiencia en consulta y formación.
La aromaterapia nos ayuda a
crear armonía dentro y fuera de
nosotros. En este taller vivencial rabajaremos con Aromaterapia
convencional, Psicoaromaterapia, Aromaterapia
mágica
y Aromaterapia para el amor.
vElaboración
de preparados con aceites
esenciales (difusores/ambientadores, aceites de masajes y de belleza y
otros
preparados para llevar encima.
vVeremos
soluciones prácticas para
mejorar nuestra belleza y nuestra vida, armonizar
espacios, eliminar las
cargas energéticas y conectar con las esencias
más adecuadas para el amor.
vCrearemos un de mapa corporal,
mental,
emocional y energético para trabajar con los aceites esenciales y
utilizaremos
diferentes ejercicios prácticos (masajes, tacto, afirmaciones,
visualizaciones..) para liberar nuestras corazas corporales,
emocionales,
psíquicas y energéticas que nos producen ansiedad, estrés y otras
disfunciones.
vCompartiremos un entrenamiento
en
aromas y emociones para que tú mism@ seas tu propi@ terapeuta y creador@
de tu
salud y belleza.
MATERIAL CURSO: APUNTES-
C.D.-VÍDEO-MATERIAL
PRÁCTICAS- DIPLOMA
DONDE:
Centro Sociocultural de
Pontepedriña- Santiago.
CUANDO: 28
abril y 19 de mayo- Mañanas: 10:00
a 14:00- Tardes: 16:00 a 20:00
ORGANIZACIÓN
Y DOCENCIA: Asociación
Bioturmalina
-Plazas
limitadas, plazo
inscripciones: 23 de abril.
+ INFO e INSCRIPCIONES: Te.
0034
981 59 44 81
14 abr 2012
Mercadiño en Pontepedriña o 21 de abril
O próximo sábado 21 de abril terá lugar a segunda edición do mercadiño de intercambio e venda de segunda man na Pontepedriña. A actividade está aberta a toda persoa (do barrio ou non) que teña algún obxecto que non precisa e que lle pode servir a alguén máis, así como a aqueles que sentimos curiosidade e que sempre pensamos que podemos atopar algo que nos é útil. O horario de intercambio será de 17:30 a 20:30, pero recoméndase estar antes, en torno ás 17:00 para aqueles interesados en poñer un posto.
De acompañar bo tempo celebrarase no parque anexo ao CSC, e noutro caso na sala de Usos Múltiples.
De acompañar bo tempo celebrarase no parque anexo ao CSC, e noutro caso na sala de Usos Múltiples.
13 abr 2012
O Club de Lectura da Pontepedriña comeza a camiñar
Na reunión preparatoria de onte, 12 de abril, nove amantes da lectura constituímos o Club de Lectura da Pontepedriña, amparada pola Asociación Veciñal.
Decidiuse manter as reunións o último mércores de cada mes, ás 21,30 no Local Sociocultural. A primeira reunión será o día 25 de abril, e para comezar imos falar do libro de Manuel Rivas, Que
me queres amor. Levaremos a cabo dúas reunións máis, maio e xuño, descansando nos meses de verán. As futuras lecturas serán consesuadas polos membros do club nas próximas reunións.
O Club está aberto a máis participantes, só hai que mandar un correo a avv.pontep@gmail.com, co seu teléfono e incorporarse ás reunións.
6 abr 2012
30 mar 2012
Club de Lectura
Ante a petición dalgúns socios e o interesante que nos pareceu a actividade, dispoñémonos a crear un Club de Lectura da Pontepedriña. Tal e como se di no cartel de abaixo, convocamos unha reunión preparatoria para o día 12 de abril, xoves, ás 21,30 horas, no Local Sociocultural do barrio. En dita reunión, as persoas que desexen ser membros deste club consensurán os aspectos básicos da organización do club: periodidicidade das reunións, horario das mesmas, lecturas, número máximo de membros, posibles grupos, actividades a realizar, etc. En principio, o club está aberto a todas as persoas que teñan interese, pero no caso de superarse o número de persoas axeitadas para este tipo de foro terán preferencia os socios e os veciños do barrio, por esta orde. Animádevos a participar!!!
15 mar 2012
11 mar 2012
Curso de Corte e Confección
- Podedes
inscribirvos na droguería "Beleza" (Rúa Amor Ruibal; a alta faráse por
orde de inscrición).
- Non é necesaria máquina de costura
- Comeza o venres 16 de marzo.
8 mar 2012
Clara Campoamor
Clara
Campoamor naceu en Madrid en 1888 e morreu en Suíza en 1972. Foi a principal
responsable da consecución do sufraxio universal, do voto feminino, durante a
II República, o 1 de outubro de 1931. É considerada unha das máis importantes
feministas da historia de España. Nas Cortes republicanas era foi deputada,
defendendo o voto das mulleres e, máis tarde, a primeira lei do divorcio.
Nace
nunha familia humilde, o seu pai era contable e a súa nai modista. Ao morrer
seu pai deixou a escola e axudaba a súa nai repartindo roupa. Aos 21 anos
aprobou as oposicións para Correo, comezando a traballar en 1910 en San
Sebastián. En 1914 acada a mellor nota nas oposicións para mestra de adultas,
pero só lle permiten ensinar taquigrafía e macanografía, ao non ter o Bacharelato.
En 1920 matricúsase no Bacharelato e remata en dous anos. E aos 36 anos
convértese nunha das poucas licenciadas e comeza a exercer a avogacía e a
participar en política, defendendo sempre a igualdade de dereitos da muller.
Durante
a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) recibiu varios premios que sempre
rexietou como xesto de protesta republicano. Mantívose sempre fiel as seus
principios e a unha vida humilde. Cando Alfonso XIII tivo que fuxir de España e
se proclamou a II República (14 de abril de 1931) convocáronse eleccións para
Cortes, nas que as mulleres puideron ser elixidas pero non votar. Saíu elixida
deputada nas listas do Partido Radical liderado por Lerroux, ao que se afiliou
por ser 'republicano, liberal, laico e democrático'.
Nas
Cortes pelexou para conseguir acabar coa discriminación por razón de sexo, a
igualdade legal das fillas e fillos habidos dentro e fóra do matrimonio, o
divorcio e o sufraxio universal. A maioría da esquerda non quería que as
mulleres votasen porque pensaban que estaban influídas pola Igrexa e votarían
as dereitas. Esa era a postura defendida por outra deputada, Victoria Kent. As
dereitas tampouco pensaban no dereito ao sufraxio das mulleres, pero apoiárono
porque pensaban verse favorecidas. A brillantez de Clara Campoamor no debate
foi clave á hora de conseguir o apoio da maioría dos deputados.
Nas
eleccións de 1933 (as primeiras nas que participaron as mulleres) non conseguiu
ser elixida deputada. En 1934 abandonou o Partido Radical pola súa política
dereitista. Cando comezou a Guerra Civil fuxiu de Madrid e refuxiouse en
Francia. Despois viviu en Buenos Aires, e cando tentou regresar a España
enterouse de que ía ser xulgada por pertencer a unha loxia masónica. Negouse a
declarar e ficou para sempre no exilio. En 1955 instalouse en Suíza,
traballando como avogada. Morreu en 1972, e mandou cos seus restos foran
incinerados en Donostia, onde estaba cando se proclamou a II República.
¡Las
mujeres! ¿Cómo puede decirse que cuando las mujeres den señales de vida por la
República se les concederá como premio el derecho a votar? ¿Es que no han
luchado las mujeres por la República? ¿Es que al hablar con elogio de las
mujeres obreras y de las mujeres universitarias no está cantando su capacidad?
Además, al hablar de las mujeres obreras y universitarias, ¿se va a ignorar a
todas las que no pertenecen a una clase ni a la otra? ¿No sufren éstas las
consecuencias de la legislación? ¿No pagan los impuestos para sostener al
Estado en la misma forma que las otras y que los varones? ¿No refluye sobre
ellas toda la consecuencia de la legislación que se elabora aquí para los dos
sexos, pero solamente dirigida y matizada por uno? ¿Cómo puede decirse que la
mujer no ha luchado y que necesita una época, largos años de República, para
demostrar su capacidad? Y ¿por qué no los hombres? ¿Por qué el hombre, al
advenimiento de la República, ha de tener sus derechos y han de ponerse en un
lazareto los de la mujer? (discurso nas Cortes 1931)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)