En zonas como Fontiñas y O Paxonal, los residentes se quejan por lo rápido que van los coches // También habrá pasos de peatones asimétricos
SANDRA CUIÑA SANTIAGO
Uno de los controles de exceso de velocidad realizado por la Policía Local en la avenida de Lugo
FOTO: C. Tobío
El Ayuntamiento compostelano está dispuesto a luchar contra el exceso de velocidad en las calles más transitadas de la ciudad.
Las
quejas vecinales de los residentes en zonas como O Paxonal, Fontiñas o
Clara Campoamor han llevado a Raxoi a tomar la decisión de poner en
funcionamiento radares en estos puntos conflictivos, para convencer a
los conductores de que es necesario que levanten el pie del acelerador.
Así
lo confirmó ayer a EL CORREO el concejal de Tráfico, Albino Vázquez
Aldrey, que afirmó que a partir de ahora los controles de velocidad en
esas zonas van a ser habituales. "Está campaña de controles de velocidad
también la vamos a extender a los barrios. Vamos a poner a funcionar el
radar en algunas zonas, porque tenemos quejas vecinales".
Este sábado cinco de maio, impartirase no CSC do barrio un taller de Relaxación a cargo de Ursia Gago. Os obxectivos do mesmo son:
Descubrir e
explora-las nosas capacidades creativas.
Poñer conciencia no
noso corpo a través do xogo, e o pracer do movemento
Elimina-los bloqueos da
mente que nos impiden achegarnos á nosa creatividade innata
Coñecer diferentes
técnicas de relaxación que nos liberen dos citados bloqueos e
condicionamentos
Desinhibición
Conectar de novo co
pracer e a espontaneidade do xogo
Sobre Ursia, dicirlles que contamos coa súa colaboración e que participou en distintas montaxes teatrais (A viaxe de Lola, Insomnio) e películas (El rey del río, A lingua das bolboretas).
Para acudir ao taller será necesaria a inscrición na Droguería Beleza ou no correo da asociación: avv.pontep@gmail.com, podendo formalizar o pago neste último caso o propio día da actividade. O custe da mesma é de 2€ para socias e socios e 5 noutro caso. É necesario traer roupa cómoda e unha toalla.
Iº Certame de Fotografía Instantánea/Móbil Pontepedriña
Asociación Veciñal de Pontepedriña e Equipo de
Dinamización Lingüística do IES de Pontepedriña
BASES
O
Instituto de Ensino Secundario e a Asociación Veciñal de Pontepedriña, co fin
de promover unha achega cultural ao coñecemento da contorna do noso barrio así
como animar ao compromiso no seu coidado e desenvolvemento, decidimos promover
o 1º Certame de Fotografía Instantánea Pontepedriña, que se rexerá polas
seguintes bases:
1ª.-
Todas as fotografías presentadas ao Certame deberán ser orixinais e ter como
referencia -na súa máis ampla consideración- o entorno de Pontepedriña: o meu
curruncho preferido do barrio, o que debe cambiar, a vida cotiáen Pontepedriña, etc.
2ª.-
Poderán participar neste Certame -cun máximo de dúas fotografías- tanto o
alumnado do IES como veciños/as de Pontepedriña. Establécense dúas categorías:
1. Alumnado do IES da Pontepedriña. 2. Veciñas e veciños do barrio.
3ª.-
As fotografías presentaranse por correo electrónico ou en man, en formato
dixital, cun tamaño mínimo de 500 kb, en formato jpg, png, tiff... e irán
acompañadas dun pé de imaxe, título e, se se quere, unha breve explicación.
4ª.-
Considerando que unha das premisas deste certame é amostra de imaxes captadas coa inmediatez do
acontecer diario do noso barrio, estímanse apropiadas as fotografías tomadas
con teléfono móbil, sempre que teñan unha calidade suficiente que permita a súa
correcta impresión para poder ser incluídas nunha exposición dos traballos
presentados no IES e/ou Local Sociocultural.
5ª.-
Valorarase a relación coa temática proposta, a calidade estética, a forza
expresiva, a orixinalidade e calidade da fotografía e o pé de imaxe. As
fotografías poderán ter sido modificadas por medios de tratamento informático
de imaxes pero non se admitirán aquelas que desvirtúen ou modifiquen a
veracidade da fotografía.
6ª.-
O alumnado, no correo, xunto ás fotografías, debe incluír o nome e o curso,
enviándoo ao enderezo: endlpontepedrinha@gmail.com, ou en man, nunha memoria
USB entregándoa na Secretaría do centro. A memoria USB pódese retirar unha
semana despois de rematar o prazo de presentación de fotografías.
- Os
veciños e veciñas enviarán as fotografías, acompañadas do seu teléfono e
enderezo ao correo: avv.pontep@gmail.com
7ª.-
Prazos: O prazo para entregar as fotografías remata o día15 de maio do 2012
8ª.-
Premios: Haberá tres premios para cada categoría
1º premio: Cámara de fotos Pentax
optio RS 1500, 14 mb e zoom óptimo de 4
2º e 3º premio: Banda deseñada en
galego
Un
xurado composto por alumnado e profesorado do EDL do IES Pontepedriña e dous
representantes da directiva da Asociación Veciñal Pontepedriña concederá os
premios que se indican e que serán entregados nun acto que se anunciará oportunamente:
9ª.- As fotografías poderán ser
expostas no IES e no Centro Sociocultural, e tamén poderán inserirse nas
páxinas web e/ou blogs do IES e da Asociación, así como incluírse na revista
escolar e posteriores publicacións do IES e da Asociación Veciñal de
Pontepedriña.
10ª.- Os premios poden ser
declarados desertos.
11ª.- A participación neste certame
supón a aceptación destas bases.
Nas datas que abaixo se
sinala celebraráse no CSC da Pontepedriña un curso de Aromaterapia
impartido pola Asociación Bioturmalina. Grazas á colaboración entre as
dúas asociacións, os socios e socias da AV Pontepedriña gozarán dun
desconto do 20% sobre o prezo final do curso. A data límite de
inscrición é o 23 de Abril.
Máis información no tríptico que se acompaña e na páxina web de
Bioturmalina.
Curso de gran interés teórico y
vivencial que ofrece herramientas a los profesionales de la salud,
profesionales de la estética y belleza natural, personas que trabajan
con
bioenergética, autoconocimiento y todas las personas que deseen realizar
un
proceso personal para mejorar su salud y en particular si te gusta el
mundo de
la Aromaterapia y quieres profundizar en ella, de la mano de una
profesional
con muchos años de experiencia en consulta y formación.
La aromaterapia nos ayuda a
crear armonía dentro y fuera de
nosotros. En este taller vivencial rabajaremos con Aromaterapia
convencional, Psicoaromaterapia, Aromaterapia
mágica
y Aromaterapia para el amor.
vElaboración
de preparados con aceites
esenciales (difusores/ambientadores, aceites de masajes y de belleza y
otros
preparados para llevar encima.
vVeremos
soluciones prácticas para
mejorar nuestra belleza y nuestra vida,armonizar
espacios, eliminar las
cargas energéticas y conectar con las esencias
más adecuadas para el amor.
vCrearemos un de mapa corporal,
mental,
emocional y energético para trabajar con los aceites esenciales y
utilizaremos
diferentes ejercicios prácticos (masajes, tacto, afirmaciones,
visualizaciones..) para liberar nuestras corazas corporales,
emocionales,
psíquicas y energéticas que nos producen ansiedad, estrés y otras
disfunciones.
vCompartiremos un entrenamiento
en
aromas y emociones para que tú mism@ seas tu propi@ terapeuta y creador@
de tu
salud y belleza.
MATERIAL CURSO:APUNTES-
C.D.-VÍDEO-MATERIAL
PRÁCTICAS- DIPLOMA
DONDE:
Centro Sociocultural de
Pontepedriña- Santiago.
CUANDO:28
abril y 19 de mayo- Mañanas: 10:00
a 14:00- Tardes: 16:00 a 20:00
ORGANIZACIÓN
Y DOCENCIA: Asociación
Bioturmalina
-Plazas
limitadas, plazo
inscripciones: 23 de abril.
O próximo sábado 21 de abril terá lugar a segunda edición do mercadiño de intercambio e venda de segunda man na Pontepedriña. A actividade está aberta a toda persoa (do barrio ou non) que teña algún obxecto que non precisa e que lle pode servir a alguén máis, así como a aqueles que sentimos curiosidade e que sempre pensamos que podemos atopar algo que nos é útil. O horario de intercambio será de 17:30 a 20:30, pero recoméndase estar antes, en torno ás 17:00 para aqueles interesados en poñer un posto. De acompañar bo tempo celebrarase no parque anexo ao CSC, e noutro caso na sala de Usos Múltiples.
Na reunión preparatoria de onte, 12 de abril, nove amantes da lectura constituímos o Club de Lectura da Pontepedriña, amparada pola Asociación Veciñal.
Decidiuse manter as reunións o último mércores de cada mes, ás 21,30 no Local Sociocultural. A primeira reunión será o día 25 de abril, e para comezar imos falar do libro de Manuel Rivas, Que
me queres amor. Levaremos a cabo dúas reunións máis, maio e xuño, descansando nos meses de verán. As futuras lecturas serán consesuadas polos membros do club nas próximas reunións.
O Club está aberto a máis participantes, só hai que mandar un correo a avv.pontep@gmail.com, co seu teléfono e incorporarse ás reunións.